981 43 38 39 - 981 43 34 66 casarural@casteloandrade.com
  • | Nº de Registro en Turismo: TR-CO-0098 |
  • | Nº de Registro en Turismo: TR-CO-0098 |

Camiño inglés

Santiago Apóstolo na igrexa de PontedeumeEstamos na segunda etapa do Camiño Inglés,
polo que chegaban a Santiago os peregrinos
que viñan polo mar e desembarcaban en Ferrol ou na Coruña

A importancia do Camiño Inglés no decurso histórico da provincia da Coruña, ten sido evidente. O trasego de persoas e mercadorías que chegaban ós portos de Ferrol e da Coruña atraídos polo imán espritual do Sepulcro do Apostool, favoreceu moito o desenvolvemento do comercio terrestre e marítimo a partir do século XII, como queda rexistrado nos libros de historia.

Falamos cicais do segundo camiño en importancia, dos sete que compoñen o conxunto de rotas xacobeas, que ó mesmo tempo é o máis corto en percorrido terrestre (dende A Coruña a Santiago, son 74 qm de percorrido, e dende Ferrol, 118), polo que enseguida con queriu o protagonismo entre os peregrinos que chegaban polo mar. Amba-las duas alternativas, transcorren por separado ata o lugar de Bruma, no concello de Mesía. Despois, unen o seu percorrido cara a Santiago de Compostela.

A escasos 2 quilómetros de CASA DO CASTELO, pola parroquia de Andrade (Pontedeume) pasa o extremo do camiño máis próximo. Moi preto, misturados ca rota espiritual, Santiago de Pontedeume, San Miguel de Breamo, San Pedro de Vilar, San Martiño de Andrade, San Xoán de Vilanova, Santa María de Castro y Santa María de Miño, son citas ineludibles do pelegriño que marcha cara Santiago.

Xacobeo Galicia