¿Cómo chegar?
Á Casa do Castelo de Andrade se chega doadamente dende Pontedeume pola Estrada N-651.
Se sae da vila cara A Coruña -Betanzos pola N-651 (NON desviarse na gasoliñeira) durante 3 quilómetros de constante subida. Xusto cando se remata de ascender, ó chegar o alto de Campolongo, se toma un desvío marcado por unha sinalización amarela que indica: “Ruta Turística Castelo de Andrade”. A partires de eiquí tódolos desvíos están sinalizados.
Tras un quilómetro de lixeiro ascenso, no lugar dos Loureiros, se colle un desvío á esqueda que indica Castelo de Andrade eTaboada.
Se suben dous quilómetros entre piñeiros i eucaliptos, ata que aparece unha zona aberta de prados.
Eiquí se reduce a velocidade porque a 300 metros haberá que coller o último desvío á esquerda que indica Castelo de Andrade.
Nesa pista, á dereita, a uns 500 metros apróximadamente está a entrada á finca de Casa do Castelo de Andrade. O monumento histórico está so 150 metros máis adiante e alí remata a estrada.
– A Autovía A-6 enlaza directamente coa Autopista AP-9. No ramal cara Ferrol da AP-9 está a saída de Pontedeume.
– Pontedeume ten estación de tren.
Si te guía o GPS, a posición xeográfica da Casa é: Lonxitude: W 08º 07′ 56′‘ —- Latitude: N 43º 23′ 29”
¡COIDADO!: O GPS pode recomendar enlazar a A-6 coa AC-151 no qm. 549. É o camiño máis corto, pero o trazado e mailo firme de esta estrada comarcal é, por agora, malo. Recoméndase, de momento, enlazar a A-6 coa autopista AP-9 cara Ferrol no Qm. 568 (na segunda saída que indica Ferrol. A primeira é pola N-651 e atravesando a cidade de Betanzos). Xa na autopista cara Ferrol, debese coller a saída de Pontedeume.
IMPRIME e guíate da explicación que che damos para A APROXIMACIÓN Á CASA…
As rutas ofrecidas por GOOGLE MAPS, nos últimos quilómetros, lévante por estradas de monte, estreitas e pouco sinalizadas.
Lugar do Castelo de Andrade, s/n. 15.608-PONTEDEUME-A Coruña
Telf.: 981 43 38 39 – Telf-fax: 981 43 34 66