Golf Miño

A 3 quilómetros de Casa do Castelo de Andrade, con 18 buratos par 72, é unha excelente alternativa de ocio para os hóspedes da nosa casa que, por selo, poden gozar dun 20% de desconto sobre a tarifa oficial deste Campo. As instalacións contan ademais cun campo de prácticas, putting green, pro shop, escola de golf e casa club dotada con cafetaría, restaurante, vestiarios, cuarto de paus, 2 piscinas (unha de nenos) e 2 pistas de paddel.

WEB DO CLUBE
Teléfonos: 881 600 166 y 616 643 618