Pontedeume
A historia de Pontedeume como Vila (declarada MONUMENTO HISTORICO-ARTÍSTICO) comenza no 1270, cando el Alfonso X outorga aos veciños de Pruzos e Bezoucos privilexio para poboar o lugar chamado Ponte do Eume e facer vila nel. Concedíalles ademáis o dereito a celebraren un mercado mensual e o Foro de Benavente para xulgarense.
A vila gobernouse sen outro señorío que o do Rei ata que no 1371 Henrique II donouna a Fernán Pérez de Andrade, un dos personaxes máis importantes da historia de Galicia, con quien adquire verdadeira relevancia a Casa de Andrade. A capital de todos os seus estados foi Pontes de Ume, onde construíu unha das pontes más estratéxicas do Reino e un alcázar, hoxe desaparecido do que só queda a Torre da homenaxe.
Dous enormes incendios (en1533 e 1607) destruiron a vila casi na súa totalidade. Na década dos 60 do 1800 acométens as máis importantes obras de infraestructura. Inaugúrase a iluminación pública, colócase o baldosado dos soportales da Rúa Real, chega a luz eléctrica á Vila e inaugurase o actual porto. No 1867 finalizaron as obras da ponte que chegou aos nosos días.
A Ponte
A historia da Vila está estreitamente ligada á súa Ponte. Daquela antíga pasarela de madeira, atribuída por algúns historiadores aos romanos, que permitía vadear el río cando a marea estaba baixa, recibió este lugar su nombre: Puentes de Ume.
Ao pouco de facerse dono e señor destas terras, Fernán Pérez de Andrade cambia a vella pasarela por unha ponte de cantería no último tércio do século XIV. Estaba formada por 78 arcos apuntados, número que se reduciu en reformas posteriores, as súas dimensions eran aproximadamente 850 m. de longo por 3,3 metros de ancho.
Tiña duas torres, situadas unha entre os arcos 8 e 9, a outra entre os arcos 40 y 41, e no centro un hospital de peregrinos, que contaba con aposentos, cociña e capela para a oración. O hospital desapareceu entre os anos 1791 e 1820. E a capela no ano 1843.
A ponte actual foi construída entre 1864 e 1870.
Nun principio tiña tan só 11 arcos, aumentando posteriormente ata os 15que ten hoxe. Na rotonda que hai en á entrada da ponte áchanse empolicados sobre senllos bloques de granito o Oso e o Xabaril, emblemas de la Vila herdados da Casa de Andrade, antaño enclavado entre os arcos segundo e tercero, no oco dos tallamares.
Igrexa parroquial de Santiago
A Igrexa Parroquial de Santiago é templo con titulo de catedralicio construído en dous tiempos: a capela maior foi levantada en 1538 por Fernando de Andrade, i o resto, financiado polo Arcebispo Raxoy, construíuse na segunda mitade do século 18.
No interior, de planta de cruz latina con brazos pouco marcados, dividida en tres naves, dúas laterais e central cuberta con bóveda de canón, destaca pola súa sobriedade.
A fachada, pola contra, caracterizase polo seu afán decorativista e a súa monumentalidade, sendo por todo isto unha das frontes máis monumentais do barroco galego.
Capela maior da igrexa
A Capela Maior da Igrexa Parroquial, é un fermoso exemplar do primeiro Renacemento galego, vencellado aínda a fórmulas goticistas, en especial o impresionante abovedamento de complicada nervadura.
Destaca o retablo renacentista, con algunha achega do gótico final de incluxo flamenco. Realizado en 1561, nos seus lenzos represéntanse distintas escenas relixiosas.
A imaxe de Santago Apóstolo que aparece no corpo central do retablo apareceu en 1962, soterrada no presbiterio, ao facer unhas obras de reforma.
O sepulcro de Fernando de Andrade que se achaba no centro da capela maior no momento de comenzar a construir a nova igrexa, trasladouse a unha fornela aberta no muro do evanxeo..
O Torreón
O desaparecido Pazo-Fortaleza dos Condes de Andrade estaba situado na zona que actualmente ocupan o mercado e a fonte do “Pilón”, na Praza do Conde. Iniciada a súa construcción por Fernán Pérez de Andrade entre 1370-1380, tiña unha dobre función residencial e defensiva. Do conxunto, composto polo pazo, a capela de San Miguel e a torre, hoxe só queda este último edificio.
Coñecido popularmente como O Torreón, seus muros teñen ata 2,35 metros de espesor, é de planta cadrada e mide 11,50 metros de lado por 18 de alto. Contando a planta baixa, os seus andares son catro.
A parte das seteiras, portas con arcos alguns lixeramente apuntados, son de destacar os seus ventanais góticos. O do piso terceiro está composto de arcos lobulados separados por un parteluz, sobre o cal ten un óculo con traceríos. No cuarto andar existen outros ventanais tamén góticos, un deles cun óculo colado con unha cruz de cinco puntos. Todos estes detalles fan que o torreón de Pontedeume sexa considerado un dos máis famosos exemplos de arquitectura militar da Idade Media en Galicia.
Na fachada de entrada ó edificio podemos contemplar un magnífico escudo no que se unen os blasóns das familias Andrade e Lemos, fusionadas no século XVII. Anteriormente estaba situado na fachada principal do Pazo dos Andrade.
Convento de Santo Agostiño
Na Praza do Convento estivo enclavado o primeiro cemiterio de Pontedeume, que pertenceu aos relixiosos agostiños e que se chamaba Nosa Señora de Gracia. A igrexa, que taponaba a actual Avda de Raxoy, foi derrubada nos anos 70 do século 19.
O convento veu gozando de vida florecente ata a súa extinción en 1835. Despois, o edificio foi usado como cuartel, cárcere do partido e tamén como vivenda familiar. Nos anos 80 o Concello o adquire e rehabilita, e crea nel a Casa da Cultura.
Do antigo convento aínda hoxe pódese apreciar súa fachada barroca e os restos do claustro.
Lonxas do Porto
As Antigas Lonxas do Porto foron unha obra máis das custeadas polo Arcebispo Raxoy, para mellora e desenvolvemento do seu pobo natal, en 1763.
Don Tomás Moreira e Montenegro, cura da vila nese ano, fixo entón contrato con Alberto Ricoy por orde do Arcebispo “de diez lonjas o bodegas para en ellas fabricar sardina salada y otras cosas en la ribera del mar frente a la muralla que cierra la huerta de la Condesa de Lemos y torre pegada a su palacio”.
Edificio da Cátedra
Neste edificio existíu antigamente unha Cátedra de Latinidade, da que recibe o seu nome, fundada por disposición testamentaria do rexidor desta vila, D. Juan Beltrán de Anido, en 1580.
Foi a primeira das institucións culturais coas que contou Pontedeume ao longo da súa historia. Nela realizou os seus primeiros estudios o que foi Arcebispo de Santiago, D. Bartolomé Raxoy y Losada. Esta antiga institución deixa de existir en 1851.
Da arquitectura deste fermoso edificio, que na actualidade é sede da Biblioteca Municipal, hai que destacar os escudos que figuran na súa fachada principal. Os elementos da peza que está situada á dereita da porta coinciden con escudo de armas da vila, que se acha na entrada da Casa do Concello.
Pazo de Raxoy
Do Pazo construído polo Arcebispo Raxoy na Praza do Pan esquiña Rúa Real, hoxe lamentablemente só se conserva a fachada principal, na que conviven elementos tradicionais típicos da escola compostelá do barroco do século dezaoito, con outros novos, máis clasicistas e de influencia francesa.
É difícil poder contemplar todo o esplendor da fachada que dá á Rúa Real, pois a estreitura da vía dificulta a súa visión. Componse dun baixo con soportais de arcos de medio punto, dous pisos de grandes balcóns e un remate ou pieita onde se acha o escudo de armas do Arcebispo Bartolomé Raxoy e Losada.
Igrexa das Virtudes
Nunha das paredes exteriores da Igrexa das Virtudes, hai unha pedra de granito e unha inscripción onde se dí que esta capela mandouna facer Nuño Freire de Andrade en 1416. Entón, esta construcción primitiva tamén era coñecida polo nome de Igrexa de Nosa Señora do Souto, mais dela non queda ren.
A Igrexa actual, de pranta de cruz latina, unha soa nave e bóveda de cascarón no curceiro, foi levantada a finais do século XVII por un xeneroso fillo desta vila, D. Andrés Copeiro y Parga.
A espadaña do campanario foi colocada a principios do século XIX. Destaca o impresionante retablo churrigueresco da capela maior, tala de Alfonso González, e a sobriedade do edificio
Paseo Marítimo
Dende que en 1995 inaugurouse o primeiro tramo do Paseo marítimo, abriuse o paso de peatóns e bicicletas a posibilidade de descubrir un dos rincones mais tranquilos e belos da ria, ata enton descoñecidos ata prós propios eumeses.
A súa amplitude e apartado recollemento fanno ideal para os momentos de lecer e a contemplación do vasto humidal coñecido como As Croas, fachada do Parque Natural das Fragas do Eume.
Praza de San Roque
A actual configuración da Praza de San Roque data do ano 1840, cando se demolíu a igrexa de San Roque que alí existía. Esta tranquila praza ten un encanto especial polas súas típicas edificacionóns de galería e balcón de madeira.
Noutro tempo tivo moita importancia, pois, ademáis de ser unha das entradas á amuralada vila, apraza era o escenario dunha das máis importantes festas que aínda hoxe se celebran en Pontedeume. Entón era tradición soltar o día da Patrona, a Virxe das Virtures, un globo xigante de papel, réplica do de Betanzos